Þingvellir
From Wikipedia, the free encyclopedia
þingvellir (co carácter þ) é unha rexión do sueste de Islandia, preto da península de Reiquianes e da zona volcánica de Hengill. Historicamente é un dos lugares máis importantes de Islandia, pois o Alþingi, unha das institucións parlamentarias máis antigas do mundo, foi creado neste lugar.
Datos rápidos Parque Nacional þingvellir, Patrimonio da Humanidade - UNESCO ...
Parque Nacional þingvellir | |
---|---|
Vista xeral do parque. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Islandia |
Localización | 64°15′29″N 21°07′30″O |
Tipo | Cultural |
Criterios | (iii, vi) |
Inscrición | 2004 |
Rexión da UNESCO | Europa |
Identificador | 1152 |
Pechar
Foi declarado parque nacional en 1928 debido á súa importancia histórica, así como polas súas especiais características tectónicas e volcánicas. A UNESCO, no 2004, declarouno Patrimonio da Humanidade.