Air Algérie
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Algérie SpA é a aeroliña nacional de Alxeria, con sede na cidade de Alxer. Opera voos nacionais a 32 aeroportos e internacionais a 39 destinos en 28 países, ademais de tamén voos chárter, aerotaxi e agrícolas. A aeroliña é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional,[1] a Organización Árabe de Transportistas Aéreos, e a Asociación de Aeroliñas Africanas.[2] Dende decembro do ano 2013 a compañía é totalmente propiedade do goberno do país.
Datos rápidos Fundación, Plan de voo frecuente ...
Air Algérie | ||
---|---|---|
IATA AH | OACI DAH | Indicativo AIR ALGERIE |
Fundación | 15 de marzo de 1947 | |
Plan de voo frecuente | Air Algérie Plus | |
Frota | 50 | |
Destinos | 71 | |
Holding | Sonatrach | |
Eslogan da compañía | Always caring for you | |
Sede | Alxer | |
Dirixentes | Mohamed-Salah Boultif (CEO) | |
Páxina web: http://www.airalgerie.dz/ |
Pechar