Anatomía dun asasinato
filme de 1959 dirixido por Otto Preminger / From Wikipedia, the free encyclopedia
Anatomía dun asasinato (en inglés: Anatomy of a Murder) é un filme estadounidense producido e dirixido por Otto Preminger que se estreou en 1959. O guión é obra de Wendell Mayes e baséase na novela homónima escrita por John D. Voelker baixo o alcume Robert Traver. Voelker baseou a novela nun caso de asasinato de 1952 no que foi avogado da defensa.[1]
Anatomía dun asasinato | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Anatomy of a Murder |
Director | Otto Preminger |
Produtor | Otto Preminger |
Guión | Wendell Mayes |
Baseado en | Anatomy of a Murder de Robert Traver |
Intérpretes | James Stewart Lee Remick Ben Gazzara Arthur O'Connell Eve Arden Kathryn Grant George C. Scott |
Música | Duke Ellington |
Fotografía | Sam Leavitt |
Montaxe | Louis R. Loeffler |
Estudio | Carlyle Productions |
Distribuidora | Columbia Pictures Corporation |
Estrea | 1 de xullo de 1959 11 de decembro de 1993 (TVG) |
Duración | 160 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Recadación | $11 000 000 |
Na rede | |
Está protagonizado por James Stewart, Lee Remick, Ben Gazzara, Eve Arden, George C. Scott, Arthur O'Connell, Kathryn Grant, Brooks West, Orson Bean e Murray Hamilton. O xuíz foi interpretado por Joseph N. Welch, un avogado real. Foi un dos primeiros filmes de Hollywood en abordar os temas do sexo e a violación en termos gráficos. Inclúe unha das secuencias de Saul Bass de máis sona, a banda sonora de Duke Ellington, que tamén aparece no filme, e foi descrito por un profesor de dereito como "probablemente o máis puro filme xurídico xamais feito".[2]
En 2012, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[3]
Foi estreado en galego a través da TVG o 11 de decembro de 1993.[4]