Angie Dickinson
actriz estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Angeline Dickinson (de solteira Brown), nada en Kulm (Dacota do Norte) o 30 de setembro de 1931, é unha actriz estadounidense. Comezou a súa carreira na televisión, aparecendo en moitas series de episodios durante a década de 1950, antes de obter os papeis que a revelaron en Gun the Man Down (1956) con James Arness e o western Río Bravo (1959), polo que recibiu un Globo de Ouro como nova estrela do ano.
(1976) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Angeline Brown 30 de setembro de 1931 (92 anos) Kulm, Estados Unidos de América (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Glendale Community College (en) Immaculate Heart College (en) Bellarmine-Jefferson High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión , actriz de cinema , actriz |
Período de actividade | 1954 - 1953 |
Xénero artístico | Wéstern |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Burt Bacharach (1965–1981) |
Parella | Frank Sinatra John F. Kennedy |
Fillos | Nikki Bacharach (en) () Burt Bacharach |
Premios
| |
|
Na súa carreira de seis décadas, Dickinson apareceu en máis de cincuenta filmes, incluídos China Gate (1957), Ocean's 11 (1960), The Sins of Rachel Cade (1961), Jessica (1962), Captain Newman, M.D. (1963), Os asasinos (1964), The Art of Love (1965), A manda humana (1966), A queimarroupa (1967), Pretty Maids All in a Row (1971), The Outside Man (1972) e Big Bad Mama (1974).
Entre 1974 e 1978, Dickinson interpretou a sarxenta Leann "Pepper" Anderson na serie da NBC Police Woman, pola que recibiu o Globo de Ouro á mellor actriz de serie dramática e tres candidaturas aos premios Emmy. Como protagonista aparece no suspense erótico de Brian De Palma Vestida para matar (1980).
Durante os últimos anos da súa carreira, Dickinson apareceu en varios telefilmes e miniseries, ademais de interpretar papeis secundarios en filmes como Even Cowgirls Get the Blues (1994), Sabrina (1995), Pay It Forward (2000) e Big Bad Love (2001).