Antanas Mockus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aurelijus Rutenis Antanas Mockus Šivickas, nado en Bogotá o 25 de marzo de 1952, é un político, filósofo e matemático colombiano, de orixe lituana. Posúe o mestrado en Filosofía (Universidade Nacional de Colombia), licenciado en Matemáticas e Filosofía (Universidade de Dijón - Francia), doutor honoris causa (Universidade de París XIII, Francia) e da Universidade Nacional de Colombia, e bacharel do Liceo Francés Louis Pasteur. Foi alcalde de Bogotá en dúas ocasións e aspirou ao cargo de presidente da República.
(2012) | |
Nome orixinal | (es) Aurelijus Rutenis Antanas Mockus Šivickas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de marzo de 1952 (72 anos) Bogotá, Colombia |
794º Alcalde de Bogotá | |
1 de xaneiro de 2001 – 31 de decembro de 2003 ← Enrique Peñalosa – Luis Eduardo Garzón (en) → | |
Alcalde de Bogotá | |
1 de xaneiro de 1995 – 10 de abril de 1997 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Educación | Universidade Nacional de Colombia Universidade de París Universidade de Borgoña Liceo Francés de Bogotá |
Actividade | |
Ocupación | matemático , xornalista , profesor universitario , filósofo , político |
Partido político | Green Party (en) |
Lingua | Lingua castelá e lingua lituana |
Familia | |
Nai | Nijolė Šivickas (pt) |
Dende setembro de 2009, Mockus adheriuse ao Partido Verde colombiano xunto cos tamén exalcaldes de Bogotá Luís Eduardo Garzón e Enrique Peñalosa. O 14 de marzo de 2010 foi elixido mediante consulta popular como o candidato oficial do devandito partido político ás eleccións presidenciais de Colombia de 2010.