Atol Aldabra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aldabra é un atol de coral no océano Índico, pertence ao distrito de Outer Islands, nas Seychelles, sen poboación permanente, cunha gran riqueza natural no referente a flora e fauna autóctonas, o que lle valeu ser catalogado pola UNESCO en 1982 como Patrimonio da Humanidade. Entre a súa fauna endémica destaca a tartaruga xigante de Aldabra (Aldabrachelys gigantea), das cales arredor de 152.000 viven en Aldabra. Tamén destaca unha importante poboación de tartaruga verde (Chelonia mydas) e tartaruga carei (Eretmochelys imbricata).
Aldabra (en) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Seychelles | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 155,4 km² | |||
Medición | 13 () × 34 () km | |||
Bañado por | Océano Índico | |||
Altitude | 16 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Sitio Ramsar | ||||
Data | 2 de febreiro de 2010 | |||
Identificador | 1887 | |||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio natural → África | |||
Data | 1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) | |||
Identificador | 185 | |||
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | ||||
World Database on Protected Areas | ||||
Identificador | 1342 | |||
Administrativamente o atol pertence ás illas Seychelles desde a súa independencia en 1976. Ata esa data e desde 1965, o atol pertencía xunto coas illas de Desroches e Farquhar ao Territorio Británico do Océano Índico.