Atol de Midway
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Atol de Midway (tamén coñecidas como Illas Midway) son un atol de 6,2 km² localizado no Pacífico Norte, cerca do extremo noroccidental do arquipélago de Hawai.
Midway | |
---|---|
Datos | |
País | Estados Unidos |
Illa principal | Sand Island |
Linguas | |
Poboación (2009) | 40 hab. |
Superficie | 6,2 km² |
Superficie lagoa | 60 km² |
Nº de illas | 3 |
Coordenadas | 28°12′N 177°21′O |
Maior Altura | |
Localización | |
A súa latitude é 28º13' N e a súa lonxitude 177º22' W, atopándose as illas a aproximadamente a terceira parte da distancia que separa Honolulu de Toquio.
O atol consiste nunha barreira de coral en forma de anel, e numerosos illotes de area. As dúas illas máis importantes en canto a tamaño, Sand Island e Eastern Island, son o hábitat de miles de aves mariñas.
As Illas Midway non teñen habitantes aborixes, e son un territorio non incorporado dos Estados Unidos, sendo o seu status o de área insular a cargo do Departamento do Interior. A economía susténtase con fondos gobernamentais na súa totalidade, e tanto alimentos como bens de manufactura deben ser importados.
A área de Midway é recoñecida especialmente pola Batalla de Midway, que se levou a cabo durante a segunda guerra mundial. A Mariña dos Estados Unidos repeleu un ataque xaponés, marcando esta vitoria un importante cambio no escenario da guerra no Pacífico.