Aérospatiale SA 330 Puma
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aérospatiale SA 330 Puma é un helicóptero de transporte/utilitario mediano con catro palas. O Puma foi construído orixinalmente pola empresa francesa Sud Aviation e posteriormente pasou a ser producido por Aérospatiale. Tamén foi fabricado baixo licenza en Romanía como o IAR 330, e en Suráfrica producíronse dous derivados avanzados sen licenza, o Denel Rooivalk e o Atlas Oryx. O Puma foi un éxito comercial e rapidamente desenvolvéronse modelos máis avanzados como o AS332 Super Puma e o AS532 Cougar, fabricados por Eurocopter dende principios dos anos 90. Estes descendentes do Puma aínda seguen fabricándose no presente.
Aérospatiale SA 330 Puma | |
---|---|
HC1 Puma da RAF | |
Tipo | helicóptero utilitario |
Fabricante | Sud Aviation, Aérospatiale |
Primeiro voo | 15 de abril de 1965 |
Introducido | 1968 |
Produción | 1968-1987 |
Unidades construídas | 697 |
Variantes | IAR 330 |
O Puma participou en combate en varios teatros operado por distintos países; entre as operacións máis significativas están a guerra do Golfo, a guerra da fronteira de Suráfrica, a guerra colonial portuguesa, as guerras iugoslavas, a guerra civil libanesa, a guerra de Iraq, e a guerra das Malvinas. O tipo tamén foi moi popular no servizo civil voando cunha gran cantidade de operadores.