Beixo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un beixo ou bico é unha caricia que unha persoa proporciona a outra aplicando os seus beizos sobre calquera parte do corpo desta, máis habitualmente as meixelas ou os beizos. Nas situacións de maior intimidade é común que os beixos se produzan entre as bocas das dúas persoas, que se acarician reciprocamente. Dada a cantidade de terminacións nerviosas presentes na zona dos beizos, os bicos son un modo extraordinariamente eficaz de provocarlle sensacións á persoa bicada, en particular as que teñen unha carga de tipo afectivo ou erótico.
«Bico» redirixe aquí. Para outras páxinas con títulos homónimos, véxase Bico (homónimos).