Blackburn Rovers F.C.
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Blackburn Rovers Football Club é un equipo de fútbol inglés da Premier League con sede na cidade de Blackburn, Lancashire. O club foi fundado en 1875, sendo un dos membros fundadores da Football League en 1888. É un dos únicos tres clubs ingleses que foi membro fundador tanto da Football League como da Premier League, xunto co Aston Villa e o Everton. En 1890 o Rovers trasladouse ao seu actual terreo de xogo como local, Ewood Park. Antes da formación da Premiership en 1992, a meirande parte dos éxitos do club eran anteriores a 1930, cando gañaran a liga e a FA Cup en varias ocasións. Con todo, un descenso en 1966 significou 26 tempadas seguidas fóra da máxima categoría do fútbol inglés.
Blackburn Rovers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Blackburn Rovers Football Club | |||
Alcume(s) | Rovers, Blue and Whites, The Riversiders, The Mighty Blue & Whites | |||
Fundación | 1875 | |||
Estadio | Ewood Park, Blackburn, Inglaterra | |||
Inauguración | 1890 | |||
Capacidade | 31.367 | |||
Presidente | Steve Waggott | |||
Adestrador | Tony Mowbray | |||
Liga | Championship | |||
2018–19 | 15º | |||
Na rede | ||||
http://www.rovers.co.uk/ | ||||
| ||||
En 1992 o Blackburn ascende á nova Premier League un ano despois de ser tomado polo barón do aceiro local Jack Walker, que fichou a Kenny Dalglish como adestrador con moito éxito, xa que en 1995, despois de gastar millóns en fichaxes como Alan Shearer ou Chris Sutton, gañan o campionato da Premier League. Porén, a ledicia non durou moito e o club descende de novo en 1999, regresando tan só dous anos despois, xusto despois da morte de Walker, permanecendo nesta categoría dende aquela. Durante esta época o equipo clasificouse á Copa da UEFA en catro ocasións: unha como campión de League Cup, dúas como sexto clasificado da Premier League e outra a través da Copa Intertoto. A temporada 2009-10 marcou a tempada número 70 do club na elite do fútbol inglés non consecutiva. O lema do club é a expresión latina: "Arte et labore", é dicir "Habilidade e traballo duro".