Branca II de Navarra
From Wikipedia, the free encyclopedia
Branca de Trastámara e de Évreux, nada en Olite (Reino de Navarra), o 9 de xuño de 1424 e finada en Orthez (Bearne, Aquitania) o 2 de decembro de 1464, foi infanta de Aragón e de Navarra, infanta de Castela polo seu matrimonio co infante Henrique de Castela e, finalmente, raíña titular de Navarra como Branca II (1461-1464).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1424 (Gregoriano) Olite - Erriberri |
Morte | 2 de decembro de 1464 (Gregoriano) (40 anos) Orthez |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | Lescar Cathedral (en) |
Rei de Navarra | |
1461 – 1464 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Infanta of Aragón (en) Infanta of Navarre (en) Rei de Navarra |
Familia | Casa de Trastámara |
Cónxuxe | Henrique IV de Castela |
Pais | Xoán II de Aragón e Branca I de Navarra |
Irmáns | Leonor I de Navarra, Joana de Aragão, Rainha de Nápoles (pt) , Fernando II de Aragón, Carlos de Viana, Afonso de Aragón e Escobar e Martim de Aragão, herdeiro da Sicília (pt) |
Foi o terceiro descendente e segunda filla da entón infanta herdeira Branca de Navarra e do seu segundo esposo, o infante Xoán de Aragón, duque de Peñafiel.
A súa irmá máis vella, Xoana, morreu o 22 de agosto de 1425, e o seu avó, o rei Carlos III de Navarra, o Nobre, uns días máis tarde, o 8 de setembro, o que converte a súa nai en raíña Branca I de Navarra e o seu pai en rei Xoán II (que tamén foi rei de Aragón e de Sicilia).