Cama elástica
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha cama elástica[1] é unha lona elástica que unida a unha estrutura metálica mediante resortes serve para o entretemento infantil. A diversión dos nenos consiste en saltar e dar viravoltas sobre ela aproveitando o impulso da súa elasticidade. A cama elástica é o aparello máis recoñecido da ximnasia en cama elástica grazas ao seu debut nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.
Entre os riscos que implican as camas elásticas atópanse os golpes e as caídas exteriores. Para evitalos, ao seu redor colócase unha malla protectora e tanto os resortes como a estrutura protéxense con colchóns de gomaescuma.
Estes aparellos atópanse nalgúns parques públicos así como noutros recintos de lecer tales como feiras ou parques de atraccións. Con todo, tamén existen modelos de menor tamaño para situalos en xardíns particulares.
Algúns accesorios son:
- Malla lateral
- Escada para acceder a el
- Funda para a súa protección