Campá de Quersoneso
From Wikipedia, the free encyclopedia
A campá de Quersoneso (en ucraíno: Сигнальний дзвін, en ruso: Херсонесский колокол) situada en Quersoneso Táurica, na península de Crimea (deputada entre Rusia e Ucraína), é un símbolo do Quersoneso e unha das principais atraccións turísticas de Sebastopol.[1][2]
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A campá foi fundida antes da fundación de Sebastopol para a igrexa de San Nicolao Taumaturgo en Taganrog, que era a base militar da Armada rusa nese momento. Máis tarde foi confiscada polos franceses, e logo regresada. A campá de Quersoneso ou a campá da néboa do Quersoneso, ás veces é considerada por moitos como un dos «lugares de interese de Taganrog situados no estranxeiro», que mesmo se converteu nun símbolo doutra cidade, Sebastopol.