Catarina Howard
From Wikipedia, the free encyclopedia
Catarina Howard, nada entre 1520 e 1525 e falecida en Londres o 13 de febreiro de 1542, tamén coñecida como Catherine Howard, Katherine Howard ou Katheryn Howard, foi a quinta muller de Henrique VIII de Inglaterra, converténdose entre 1540 e 1542 na raíña consorte de Inglaterra.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Catherine Howard 1521 (Gregoriano) ↔ 1525 (Gregoriano) Lambeth (pt) |
Morte | 13 de febreiro de 1542 (17/18 anos) Torre de Londres |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Lugar de sepultura | Capela Real de São Pedro ad Vincula (pt) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Cor do pelo | Cabelo castaño |
Actividade | |
Ocupación | consorte , dama de compañía |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Familia | Howard family (en) |
Cónxuxe | Henrique VIII de Inglaterra (1540 (Gregoriano)–1542 (Gregoriano)) |
Pais | Lord Edmund Howard (en) e Joyce Culpeper (en) |
Irmáns | Sir George Howard (en) e Charles Howard (en) |
Parentes | Ana Bolena (male pure masculine first cousin (en) ) María I de Inglaterra (fillastra) Isabel I de Inglaterra (fillastra, second niece (en) ) Eduardo VI de Inglaterra (fillastro) Thomas Culpepper (pt) (curmán) |
Pechar
Catarina casou axiña con Henrique VIII, que a alcumaba "a rosa sen espiñas", o 28 de xullo de 1540 no castelo de Oatlands en Surrey, após a anulación do matrimonio do rei e de Ana de Cleves. O 13 de febreiro de 1542, ao ser declarada Catarina culpábel de adulterio e de traizón, foi degolada na Torre de Londres logo de tan só dous anos de matrimonio.