Chiloé
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Grande de Chiloé, tamén coñecida como "Nueva Galicia" na época colonial[1], atópase en Chile. É unha illa que forma parte do arquipélago de Chiloé. Posúe uns 180 quilómetros de lonxitude de norte a sur e un ancho media de 50 quilómetros. Está atravesada de norte a sur pola Cordilleira da Costa, que recibe os nomes locais de Cordilleira do Piuchén ou de San Pedro na súa parte norte e de Pirulil na sur.
Chiloé | |
---|---|
localización da illa | |
Situación | |
País | Chile |
Subdivisións de Chile | Rexión de Los Lagos |
Arquipélago | Arquipélago de Chiloé |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 42°36′S 73°57′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 8.394 km² |
Longura máxima | 190 km. |
Largura máxima | 65 km. |
Punto máis alto | 866 m. Cerro Redondo |
Demografía | |
Capital | Castro (pob. 39.366) |
Poboación | 154.775 (2002) |
Densidade | 18´44 hab./km² |
A área caracterízase pola súa grande actividade marítima, pola forte relixiosidade manifestada nas súas igrexas e festividades, pola súa artesanía en fibras, la e madeira; polas palafitas (construcións sobre alicerces en auga), e principalmente polo encanto e tradición dos seus habitantes.
Accédese á illa pola ruta CH-5, a través dun transbordador que se toma en Pargua, que cruza a canle de Chacao e logo duns 25 minutos de navegación arríbase á localidade do mesmo nome.