Circuíto de Nivelles-Baulers
From Wikipedia, the free encyclopedia
Nivelles-Baulers é un autódromo de 3.720 metros de extensión situado en Nivelles, Bélxica. Foi sede do Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 nas tempadas 1972 e 1974.
Máis información Plano do Circuíto, Datos ...
Circuíto de Nivelles-Baulers | |
---|---|
Plano do Circuíto | |
Datos | |
Carreiras | |
Localización | Nivelles, Bélxica |
Lonxitude | 3,724 km |
Curvas | 7 |
Volta rápida (1974) | 1′09.82 |
Piloto récord | Clay Regazzoni |
Escudería récord | Ferrari |
Coordenadas | |
Vista do Circuíto | |
Pechar
A diferenza do circuíto de Spa-Francorchamps, as amplas zonas de escape deseñadas en 1971 permitían evitar accidentes (pola maior visibilidade) e diminuía as consecuencias. Iso tamén causaba que os espectadores debesen situarse lonxe da pista, o que combinado co deseño plano do circuíto xerou rexeitamento por parte de pilotos e espectadores. O autódromo continuou usándose para carreiras de motociclismo ata o ano 1981.