Coador
From Wikipedia, the free encyclopedia
O coador ou coadoiro é un utensilio de cociña que emprega o concepto de criba ou filtro de alimentos co obxecto de escorrer. Na cociña emprégase un coador cando se quere separar un alimento líquido do seu caldo, por exemplo: ao cocer pasta emprégase un coador para separar a pasta (sólida) da súa salmoira de cocción (líquido), ao cocer as legumes, o arroz etc. O material empregado adoita ser metálico (aluminio) ou plástico, algúns deles están elaborados dunha trama de finos fíos de aceiro, todos os coadores adoitan ter forma semi-esférica para recepcionar a maior cantidade de mestura. No bordo dos coadores adoita haber unha especie de ganchos para que se poida suxeitar nun cazo ou ola o contido separado. Existen coadores con forma cónica (chineses) empregados para separar os elementos de consistencia sólida (pebidas, sementes etc) da parte máis caldosa.
É costume tradicional elaborar o café fervido en auga e posteriormente separalo cun coador de tea antes de ser servido, desta forma pódese atopar café no norte de España (café de pote). Algunhas persoas sosteñen que unha media é capaz de facer as funcións de coador con grande eficacia.