Conflito árabe-israelí
conflicto entre Israel e os seus vecinos árabes / From Wikipedia, the free encyclopedia
O conflito árabe-israelí (en árabe: الصراع العربي الإسرائيلي Al-Sira'a Al'Arabi A'Israili; en hebreo: הסכסוך הישראלי-ערבי Ha'Sikhsukh Ha'Yisraeli-Aravi) refírese á tensión política e os conflitos armados entre o Estado de Israel e os seus veciños árabes, en particular os palestinos e comeza coa descolonización do Reino Unido e Francia da ribeira oriental do mar Mediterráneo. Existen un cúmulo de circunstancias e causas que orixinaron o conflito.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Conflito árabe-israelí | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Liga Árabe Países cos que Israel mantivo algunha guerra Israel Palestina | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Estados árabes | Israel |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
A súa definición, historia e posibles solucións son materia de permanente debate e os problemas que inclúe varían co tempo. Ao día de hoxe, as principais cuestións son a soberanía sobre a Franxa de Gaza e Cisxordania, o status da parte oriental de Xerusalén, dos Altos do Golán e das Granxas de Shebaa, o destino dos asentamentos israelís e dos refuxiados palestinos, o recoñecemento de Israel e Palestina como Estados independentes, o dereito de ambos a existir e vivir en paz ao abrigo de ameazas e actos de forza, así como a relación de Israel con Siria e o Líbano.
Actualmente Israel ten tratados de paz vixentes con Exipto e Xordania que garanten a súa convivencia. Así mesmo, ten tratados de cesamento do fogo asinados co Líbano, Siria e Arabia Saudita que, aínda que non recoñecen a existencia de Israel, si que supuxeron na práctica un mecanismo eficaz para o cesamento das hostilidades. Tamén existe un complexo acordo provisional con Palestina, que supón o establecemento dunha especie de protectorado israelí sobre zona palestina e un cesamento do fogo parcial.