Copa Confederacións da FIFA
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Copa Confederacións da FIFA (en inglés: FIFA Confederations Cup) foi un torneo de fútbol organizado pola FIFA que enfrontaba a seleccións nacionais representantes de cada unha das confederacións da FIFA. Comezou celebrándose cada dous anos, pasando a celebrarse a partir de 2005 cada catro anos, xusto no ano anterior á celebración do Mundial no mesmo país organizador do evento.
Datos rápidos Fundación, Desaparición ...
Copa Confederacións da FIFA | |
---|---|
Fundación | 1992 |
Desaparición | 2017 |
Rexión | FIFA |
Equipos | 8 |
Máis laureado | Brasil (4 títulos) |
Sitio web | www.fifa.com/confederationscup/ |
Pechar
Competían no torneo oito seleccións: os campións de cada un dos torneos que organiza cada confederación (a Copa Asiática da AFC, a Copa de África de Nacións da CAF, a Copa Ouro da CONCACAF, a Copa América da CONMEBOL, a Copa das Nacións da Oceanía da OFC, a Eurocopa da UEFA) e mais a selección campioa do último Mundial e o país anfitrión.