Cosacos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cosaco (en ruso: каза́к, tr.: kazak, plural: казаки; en ucraíno: козак) refírese a unha persoa pertencente ó antigo pobo nómade, guerreiro por excelencia e grande amante da liberdade que se estableceu de forma permanente nas estepas do sur do que é actualmente Rusia e Ucraína aproximadamente no século X. Os cosacos foron coñecidos pola súa destreza militar e a súa confianza en si mesmos. O nome deriva posiblemente da palabra turca quzzaq, "aventureiro", "home ceibe". Este termo menciónase por primeira vez nun documento ruteno que data de 1395.
Cosaco é o nome común compartido de forma independente por varios grupos de poboación e unidades militares ó longo da historia de Europa Oriental e dos territorios próximos. O grupo principal e máis numeroso é o dos cosacos ucraínos (Козаки) e o dos cosacos rusos (Казаки) dos ríos Don, Kubán, Terek, Ural, respectivamente. Algo menos coñecidos son os cosacos polacos (Kozacy) e os cosacos tártaros (Nağaybäklär).
Algúns representantes deste pobo chegaron a ser grandes comandantes militares, escritores, poetas, historiadores, enxeñeiros, artistas e científicos.
O nome "cosaco" non se debe confundir cos casacos (naturais de Casaquistán, país en Asia Central). En lingua nativa de Casaquistán ós orixinarios deste chámanos Kazáj: Kazajo).
Os cosacos rusos participaron de forma importante na colonización de Siberia. A mediados do século XVII, os cosacos rusos acadaron a costa do océano Pacífico.
Os cosacos ucraínos formaron o estado dos Cosacos de Zaporozhia en 1649. Considéraselles os proxenitores da moderna nación ucraína.
En 1670, o cosaco do Don Stenka Razin proclamou a República Cosaca na cidade de Astrakán, á beira do río Volga, preto da súa desembocadura no mar Caspio. Xunto co anterior decreto a abolición da escravitude, o principio de igualdade e a fin dos privilexios en territorios desta República Cosaca.
Os cosacos do Don formaron o Estado Cosaco del Don en Rusia. Durante a época do Imperio Ruso uníronse ós cosacos do Don numerosos servos rusos que fuxían dos seus amos. Porén, os cosacos do Don e de Kubán foron unhas das principais forzas de resistencia contra os bolxeviques durante a guerra civil rusa.
Na mesma época e tras a caída do Imperio Ruso (en maio de 1918), cosacos do Don liderados polo seu ataman, Piotr Nikolaevich Krasnov, novamente tentaron formar unha República Cosaca Independente en unión cos cosacos de Kubán. A república incluía 10 provincias coa capital na cidade de Novocherkassk, co esquema administrativo-político dun estado federal independente.
As tradicións, cultura e a comunidade mesma cosaca na súa maioría foron expostos ó exterminiona época da Unión Soviética, especialmente entre os anos 1922 e 1945, e na actualidade atópanse nun proceso de rexurdimento.
Consonte ó censo oficial da Federación de Rusia do ano 2002, por primeira vez despois do censo do ano 1897, máis de 140.000 persoas de ambos os sexos (0,1% do total da poboación) en Rusia en forma aberta indicaron a súa nacionalidade como cosaca, residentes e cidadáns de Rusia.
A gran maioría da comunidade cosaca está concentrada en rexións de Volgograd e de Rostov, 108.140 del total. Outros 21.444 cosacos son residentes do Krai de Krasnodar e da rexión de Stavropol. 3.223 cosacos están repartidos entre a República Karachay-Cherkessia e República Osetia do Norte. Máis de 1.000 cosacos son residentes de Moscova. O resto da comunidade cosaca está distribuída ó longo e ancho da Federación de Rusia dende o mar Báltico ata as costas do océano Pacífico. Independentemente do anterior e segundo distintas estatísticas, preto de 10 000 000 de persoas de ambos os sexos en Rusia, en Ucraína actual e no exterior considéranse a si mesmos como cosacos de orixe ou descendentes directos destes.