Deportivo da Coruña
club de fútbol galego masculino fundado no 1906 na cidade da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. O seu terreo de xogo é o Estadio de Riazor, con capacidade para 32.490 espectadores.[5] Na tempada 2024/25 competirá na Segunda División
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Deportivo da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. | |||
Alcume(s) | Dépor; Deportivistas; Herculinos; Branquiazuis; Turcos;[1] Superdépor | |||
Fundación | 8 de decembro de 1906 (117 anos) | |||
Estadio | Riazor, A Coruña, Galicia | |||
Inauguración | 28 de outubro de 1944 | |||
Capacidade | 32.490 | |||
Propietario | Abanca (78%) + 25.400 accionistas[2][3] | |||
Presidente | Álvaro García Diéguez[4] | |||
Adestrador | Imanol Idiakez | |||
Liga | Primeira Federación – Grupo 1 | |||
2022–23 | Primeira Federación – Grupo 1: 4.º de 20 | |||
Vestimenta | Kappa | |||
Patrocinador | Estrella Galicia | |||
Na rede | ||||
http://www.rcdeportivo.es/gl | ||||
| ||||
Tempada actual |
Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gañou unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, cinco subcampionatos e catro terceiros postos, dúas Copas do rei e tres Supercopas de España como máximos logros estatais, alén do Concurso España de 1912, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. En 2004, ocupou o 6º lugar na clasificación de clubs da UEFA.[6]
Logo de 46 temporadas en Primeira División, o club ocupa o posto 12º na Clasificación histórica da primeira división española. O club conta con 196 agrupacións de afeccionados (segundo datos de outubro de 2020).[7]
Militou 25 das últimas 33 tempadas en Primeira División, 20 delas consecutivas (1991-2011)[8] e en 16 delas acabou entre os 10 primeiros clasificados.[9]
Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo.[10]