East Side Gallery
galería de arte en Berlín / From Wikipedia, the free encyclopedia
East Side Gallery é unha galería de arte ao aire libre situada sobre unha sección de 1 316 metros da cara leste do muro de Berlín, que foi salvada do derrubamento con dita finalidade. Atópase preto do centro de Berlín, na rúa Mühlenstraße do distrito Friedrichshain-Kreuzberg, ao longo da beira do río Spree. Está considerada a galería de arte ao aire libre máis grande do mundo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |