Economía de Alxeria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os principais recursos económicos de Alxeria son petróleo, gas natural, ferro, zinc, prata, cobre e fosfatos. Uns 25% da poboación activa dedícase á agricultura e a pesca. A economía creceu un 6% no ano 2005. A taxa de desemprego é do 17,1% (2005). O Estado domina a maioría dos sectores económicos do país, a pesar dunha gradual liberación desde mediados da década de 1990 ter aberto a economía ó sector privado interno e estranxeiro.[1]
Economía de Alxeria | |
---|---|
Moeda | dinar alxeriano |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC (observador), OPEP, Unión Africana |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 263,3 mil millóns (2011) |
Posición do PIB | 49ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 2,4% (2011) |
PIB per cápita | $ 7.300 (2011) |
PIB por sector | agricultura 8,9%, industria 62%, comercio e servizos 29,1% (2011) |
Inflación | 4,5% (2011) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 11,04 millóns (2011) |
Forza de traballo por sector | agricultura 14%, industria 13,4%, construción e obras públicas 10%, comercio 14,6%, goberno 32%, outros 16% (2003) |
Desemprego | 10% (2003) |
Industrias | petróleo, gas natural, industrias leves, minería, electricidade, petroquímica, procesamento de alimentos |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | 72,88 mil millóns (2011) |
Produtos de exportación | petróleo, gas natural e derivados de petróleo 97% |
Principais mercados | Estados Unidos 20,6%, Italia 14,2%, España 9,8%, Francia 8,9%, Países Baixos 6,7%, Canadá 6,1%, Brasil 4,4% (2011) (2011) |
Importacións | 44,94 mil millóns (2011) |
Principais produtos importados | bens de capital, alimentos, bens de consumo |
Principais mercados | Francia 15,1%, República Popular da China 10%, Italia 9,9%, España 7,3%, Alemaña 5,4%, Estados Unidos 4,6% (2011) (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 4 661 millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Os combustibles sólidos son a principal fonte de ingresos de Alxeria, representando aproximadamente un 60% das rendas do estado, un 30% do PIB, e un 98% dos ingresos da exportación en 2006. Na clasificación dos países con maiores reservas de petróleo, o país ocupa a posición número 14, almacenando uns 11.800 millóns de barrís de cru, pero se considera que a cantidade actual das reservas é ata superior. A Administración de Información da Enerxía dos Estados Unidos informou en xaneiro de 2007 Alxeria tiña unhas reservas probadas de 161,7 billóns de pés cúbicos de gas natural, o oitavo país do mundo con maiores reservas deste combustible.
Os indicadores económicos e financeiros melloraron a mediados dos anos 1990, debido en parte ás reformas políticas apoiadas polo Fondo Monetario Internacional, e unha renegociación da débeda externa co Club de París. A economía de Alxeria beneficiouse en 2000 e 2001 do incremento que sufriu o prezo do cru, e da axustada política fiscal levada a cabo polo goberno, dando como resultado un grande incremento dos beneficios no comercio, marcas elevadas nos intercambios comerciais, e unha redución da débeda. Con todo, os continuos esforzos do goberno por diversificar a economía, atraer os investimentos, e aumentar o nivel de vida dos cidadáns tiveron pouco éxito. En 2001, o goberno asinou un tratado de asociación coa Unión Europea que lle suporía menores tarifas e que permitiría aumentar o comercio. En marzo de 2006, Rusia aceptou perdoar 4.740 millóns de dólares estadounidenses de débeda da época soviética durante unha visita do presidente Vladimir Putin ao país, a primeira que realizaba un líder ruso no medio século. En compensación, o presidente alxeriano Bouteflika accedeu a comprar avións de combate rusos, defensas antiaereas e outras armas por valor de 7.500 millóns de dólares, segundo a axencia rusa Rosoboronexport.
Alxeria decidiu en 2006 pagar a débeda que tiña co Club de París antes do estipulado, e que ascendía a 8 mil millóns de dólares. Isto reduciu a débeda externa de Alxeria a valores por baixo de 5 mil millóns de dólare a finais de 2006.