Erik Lamela
futbolista arxentino / From Wikipedia, the free encyclopedia
Erik Manuel Lamela Cordero, nado en Carapachay, Buenos Aires, o 4 de marzo de 1992, é un futbolista arxentino, de ascendencia galega. Xoga como centrocampista ofensivo ou extremo e dende 2021 milita no Sevilla, da Primeira División.
Erik Lamela | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Erik Manuel Lamela Cordero | ||
Nacemento | 4 de marzo de 1992 | ||
Lugar de nacemento | Buenos Aires | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | extremo esquerdo | ||
Información de club | |||
Club actual | Sevilla | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2009 | River Plate | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2009–2011 | River Plate | 36 | (4) |
2011–2013 | Roma | 62 | (19) |
2013–2021 | Tottenham Hotspur | 177 | (17) |
2021– | Sevilla | 20 | (5) |
Selección nacional | |||
2011–2012 | Arxentina sub-20 | 4 | (3) |
2011– | Arxentina | 25 | (3) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 23 de maio de 2022. Selección: actualizado a 23 de maio de 2022.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Con só 12 anos, as súas actuacións na canteira do River Plate atraeron a atención da prensa mundial e dos grandes clubs europeos, que tentaron a súa fichaxe. Con todo, continuou no club bonaerense ata debutar co primeiro equipo, e despois de dous anos na Primeira División da Arxentina, foi traspasado á Roma, da Serie A, na que xogou outras dúas tempadas. En 2013 fichou polo Tottenham, no que militou durante oito anos, ata 2021. Disputou co club de Londres 257 partidos oficiais, marcando 37 goles e repartindo 47 asistencias, e acadou a final da Liga de Campións na tempada 2018/19.
Internacional coa selección arxentina dende 2011, disputou 25 partidos coa selección celeste, coa que participou en dúas edicións da Copa América, en 2015 e 2016, rematando en ambas subcampión.