Eslovenia no Festival de Eurovisión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Eslovenia participou como Iugoslavia nos anos 1966, 1967, 1970 e 1975; e como país soberano dende 1993. O festival o retransmite RTVSLO para todo o país e o proceso habitual de selección de intérprete é unha gala televisada chamada Evrovizijska Melodija. Nunca gañou o festival e a súa mellor posición foron dous sétimos lugares no Festival de Eurovisión 1995 e no Festival de Eurovisión 2001, como mellor resultado en termos absolutos o conseguiu no ano 2007, iso si, na semifinal, Alenka Gotar pese a ser unha gran favorita do festival de 2007 tivo que conformarse coa décimo quinta posición.
Eslovenia | |
---|---|
Estación membro | RTVSLO |
Final nacional | EMA |
Aparicións | 24 |
Primeira aparición | 1993 |
Mellor resultado | |
Final | 7º 1995 7º 2001 |
Semifinal | 1º 1993 |
Peor resultado | |
Final | 25º 2014 |
Semifinal | 16º 2013 |
Ligazóns externas | |
http://www.rtvslo.si/ema/ | |
Páxina de Eslovenia en Eurovision.tv |
No ano 2011 saíu elixida a cantante Maja Keuc coa canción "Vanilija", onde despois ao participar no festival pasou a ser "No one" (en inglés). Tanto en 2012 como en 2013 non logrou clasificarse para a final.
No Festival de Eurovisión 2014, Tinkara Kovač, co seu tema "Spet (Round and round)" clasificouse á final quedando penúltima e con 9 puntos, sendo o seu peor resultado nunha final.