Estación Internacional de Canfranc
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Estación Internacional de Canfranc é unha estación de ferrocarril situada no municipio español de Canfranc, na provincia de Huesca, moi preto da fronteira con Francia. Foi inaugurada o 18 de xullo de 1928. Declarada Ben de Interese Cultural, está catalogada como monumento dende o 6 de marzo de 2002.
Dispón unicamente de servizos de Media Distancia operados por Renfe que a unen con Huesca e Zaragoza. Ofrecía tamén conexións internacionais con Francia pero estas quedaron suspendidas o 27 de marzo de 1970 cando un tren de mercadorías descarrilou do lado francés provocando a derruba da ponte de L'Estanguet e a conseguinte interrupción do servizo entre ambos os dous países. O transporte de viaxeiros faise dende esa data por estrada cun autobús que pon a SNCF.