Estado non recoñecido
territorio con soberanía na práctica (de facto) mais sen recoñecemento internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un Estado non recoñecido é un territorio cuxa soberanía non está recoñecida internacionalmente a pesar de ser administrado parcial ou plenamente por algún organismo polo menos potencialmente autónomo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As rexións son países na medida en que acollan os tres elementos que esixe para iso o Dereito Internacional: territorio, poboación e goberno autónomo. O recoñecemento por parte da Comunidade Internacional ten un efecto político e declarativo, pero a existencia dun Estado só depende da vontade da poboación dunha rexión determinada de constituírse como sociedade independente, consecuentemente, o concepto de "estado non recoñecido" non nega, estritamente, a súa existencia, senón que afirma que non recoñece a súa independencia ou soberanía por cuestións de política ou legalidade.