Eurocopa de Fútbol de 2012
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Eurocopa da UEFA de 2012 (en polaco: Mistrzostwa Europy w Piłce Nożnej 2012, en ucraíno: Чемпіонат Європи з футболу 2012) foi a décimo cuarta edición do campionato europeo de seleccións de fútbol absolutas organizado pola UEFA. A fase final do torneo foi celebrada de forma conxunta por Polonia e Ucraína dende o 8 de xuño ao 1 de xullo de 2012. Na fase final participaron dezaseis equipos, senda esta a último ocasión na que sucedeu, xa que na seguinte edición en 2016 os finalistas son vinte e catro.
Tipo | Eurocopa de Fútbol |
---|---|
Mascota | Slavek and Slavko (en) |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 16 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Polonia Ucraína |
Intervalo de tempo | 8 de xuño de 2012 – 1 de xullo de 2012 |
Número de edición | 14 (2012) |
Competición | |
Primeiro posto | España (3º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 31 |
Goles | 76 |
Máis goles marcados | Mario Mandžukić↔ Croacia (3) |
Máis goles marcados | Fernando Torres↔ España (3) |
Máis goles marcados | Mario Gómez↔ Alemaña (3) |
Máis goles marcados | Alan Dzagoev↔ Rusia (3) |
Máis goles marcados | Mario Balotelli (pt) ↔ Italia (3) |
Máis goles marcados | Cristiano Ronaldo↔ Portugal (3) |
Xogador Máis Valioso | Andrés Iniesta |
Número de espectadores | 1.440.896 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A decisión de outorgar a sede aos dous países eslavos foi anunciada polo presidente da UEFA, Michel Platini, o 18 de abril de 2007, superando as outras candidaturas finalistas: a conxunta entre Croacia e Hungría e a de Italia, dun total de oito candidaturas orixinais. Foi a primeira Eurocopa organizada en Europa do Leste dende a edición de 1976 na antiga Iugoslavia, e tamén a primeira da historia que foi albergada por dous países con diferentes fusos horarios. O campionato foi gañado pola selección de fútbol de España, que bateu na final a Italia por catro goles a cero, a maior goleada nunha final desta competición, conseguindo así o seu terceiro título continental.