Extraliga Checa (hóckey sobre xeo)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Extraliga Checa (en checo Extraliga ledního hokeje ou ELH) é a máxima competición de hóckey sobre xeo na República Checa e catalogada pola IIHF como a terceira liga nacional máis importante de Europa.[1] Esta liga é unha importante canteira de xogadores, exportando talentos tódolos anos ás dúas grandes ligas do mundo, a Kontinental Hockey League (KHL) euroasiática e á National Hockey League (NHL) norteamericana. Actualmente está integrada por 14 equipos e o club máis laureado da historia da competición é o VHK Vsetín con seis títulos ligueiros. A televisión que retransmite a competición é a Česká televize.
Datos rápidos Fundación, Rexión ...
Extraliga ledního hokeje | |
---|---|
Fundación | 1993 |
Rexión | República Checa |
Equipos | 14 |
Actual campión | HC Plzeň (1º título) |
Máis laureado | VHK Vsetín (6 títulos) |
Televisión | Česká televize |
Sitio web | hokej.cz |
Extraliga Checa 2012-13 |
Pechar