Fenda de xénero
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fenda de xénero[1][2] (en inglés gender gap) é unha construción analítica e empírica que xorde da diferenza entre as categorías dunha variábel en relación coas taxas masculinas e femininas.[3] Destaca as desigualdades existentes entre homes e mulleres en calquera ámbito, en relación co nivel de participación, acceso a oportunidades, dereitos, poder e influencia, remuneración e beneficios, control e uso dos recursos, que lles permiten garantir o seu benestar e desenvolvemento humano.[4] As fendas de xénero exprésanse en todas as áreas do desempeño, como a económica, social, laboral, cultural, sanitaria etc. Fúndanse na xerarquización das diferenzas entre homes e mulleres e exprésanse de distinta maneira segundo a área de que se trate.