Filmes propostos ó mellor filme internacional na 67ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os seguintes 46 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 67ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa. Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Bélxica, Cuba, Macedonia, Taiwán e Rusia. O galardón recaeu sobre Rusia, co filme Utomlyonnye solntsem.[1]
Belarús, Bosnia, Camboxa, Guatemala, Macedonia e Serbia presentaron filmes por primeira vez. Tamén competiron por primeira vez as repúblicas Checa e Eslovaca.
O director polaco Krzysztof Kieślowski orixinalmente tiña dous filmes a competición, xa que Polonia e Suíza presentaron dous filmes da súa triloxía Trois couleurs. Un dos filmes favoritos, o suízo Rouge foi descualificado nunha decisión controvertida da Academia que determinou que aínda que estaba coproducido por Suíza, estaba ambientado no país e tiña un grande elenco de actores suízos, era unha produción maioritariamente francesa.[2][3] Miramax Films tratou de que a Academia cambiase de opinión sen conseguilo. Non obstante, era elixible nas demais categorías e recibiu tres candidaturas: mellor director, mellor fotografía e mellor guión orixinal. Blanc, de Polonia, non foi candidato.