Filmes propostos ó mellor filme internacional na 68ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os seguintes 41 filmes, todos eles de países diferentes, foron propostos na 68ª edición dos Óscar para o premio de mellor filme en lingua non inglesa.[1] Os títulos salientados en azul e verde son os cinco filmes nomeados, en representación de Alxeria, o Brasil, Italia, os Países Baixos e Suecia. O galardón recaeu sobre os Países Baixos, co filme Antonia.[2] Foi o primeiro filme dirixido por unha muller que gañou o premio.
Bolivia e Tunisia presentaron filme por vez primeira. Filipinas regresou á competición logo de 9 anos de ausencia. Irán tentou retirar o seu candidato á competencia trala deterioración das relacións cos Estados Unidos, mais a Academia rexeitou a proposta.[3]