Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos filmes propostos na 78ª edición dos Óscar para o mellor filme en lingua non inglesa.[1] A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar un filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956.[2] O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados.
Os filmes candidatos debían terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2004 e o 30 de setembro de 2005. A lista oficial de filmes aceptados incluíu 54 filmes. Costa Rica, Fidxi e Iraq presentaron filmes por primeira vez.
Os cinco candidatos (Alemaña, Francia, Italia, Palestina e Suráfrica) anunciáronse o 31 de xaneiro de 2006.[3] O filme Tsotsi de Gavin Hood gañou o premio,[4] primeiro filme surafricano que recibiu o premio.