Filoloxía
estudo da lingüística histórica a partir de documentos escritos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.