Fotopsina
proteínas que se encontran nas células cono da retina / From Wikipedia, the free encyclopedia
As fotopsinas (tamén chamadas opsinas dos conos) son proteínas que se encontran nas células cono da retina, que funcionan como moléculas fotorreceptoras que son a base da visión en cor. Na retina dos polos hai un sistema de pigmentos visuais dos conos chamado iodopsina, que é un análogo próximo da púrpura visual ou rodopsina dos bastóns. As fotopsinas e iodopsinas constan dun compoñente proteico unido a un cromóforo, que é o retinal.