Gnatostomúlidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os gnatostomúlidos (Gnathostomulida, do grego γνάθος gnathos, "mandíbula" e stomŭa, diminutivo latino do grego στόμα stoma, "boca") son un filo de animais vermiformes, bilaterais, acelomados ou pseudocelomados segundo os autores, mariños, de pequeno tamaño (0,5 – 3 mm), que viven entre as partículas de area e os limos, en ambientes principalmente anaerobios,[2] (lugares nos que se encontran as maiores densidades de poboación).
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Gnatostomúlidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes | |||||||||||||
|
Nútrense de fungos e microorganismos que se achan nos graos de area, atrapándoos coas características diminutas mandíbulas de que está dotada a súa boca, situada na zona anteroventral.
Coñécense case 100 especies, e seguramente existen moitas máis sen descubrir.[3][4]
Non existe rexistro fósil e pasaron inadvertidos moito tempo polas súas mínimas dimensións e a súa transparencia e fraxilidade (non foron recoñecidos e descritos até 1956)[1], polo que hoxe existe unha gran controversia no que respecta á ssúa historia evolutiva e á súa taxonomía.