Helsingin Jalkapalloklubi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Helsingin Jalkapalloklubi ou HJK é un equipo de fútbol da cidade de Helsinqui, Finlandia. De acordo coa cantidade de campionatos de Finlandia acadados, trátase do equipo máis exitoso do país nórdico. Dende 1964 xoga na máxima categoría do fútbol finlandés, a Veikkausliiga, da cal en 2021 se proclamou campión por 31ª vez na súa historia e por segundo ano consecutivo. É o único equipo finlandés que xogou a fase de grupos da Liga de Campións ou da Europa League. Disputa os seus partidos como local no Bolt Arena, un estadio con capacidade para 10 770 persoas situado no distrito de Taka-Töölö, na área de Töölö. Anteriormente o HJK xogou no Töölön pallokenttä e no Estadio Olímpico de Helsinqui.
HJK | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Helsingin Jalkapalloklubi | |||
Alcume(s) | Klubi (en galego O club) | |||
Fundación | 19 de xuño de 1907 (116 anos) | |||
Estadio | Bolt Arena, Helsinqui, Finlandia | |||
Inauguración | 2000 | |||
Capacidade | 10 770 | |||
Presidente | Olli-Pekka Lyytikäinen | |||
Adestrador | Toni Koskela | |||
Liga | Veikkausliiga | |||
2022 | Campión | |||
Vestimenta | Adidas | |||
Patrocinador | apu | |||
Na rede | ||||
https://www.hjk.fi | ||||
| ||||
Franz Fredrik Wathén tivo a idea de crear o club, fundado oficialmente en 1907, e gañou o seu primeiro campionato finlandés en 1911. Inicialmente o club adicouse á práctica do fútbol, mais posteriormente creáronse as seccións de bandy e hóckey sobre xeo, nas que o club se proclamou campión de Finlandia nas décadas de 1920 e 1930. Ademais no HJK practicouse tamén os birlos, a patinaxe artística sobre xeo e o balonmán. Dende o ano 1976 o club centrouse na práctica do fútbol.
O HJK ten tamén un equipo reserva, o Klubi 04, que xoga na Ykkönen, a segunda categoría do fútbol finlandés. O equipo naceu en 2004, cando o club comprou o equipo de fútbol de Jokerit. O equipo feminino é tamén o equipo finlandés máis exitoso en termo de títulos.