Illa de San Cristóbal
From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cristóbal é a illa máis oriental do arquipélago das illas Galápagos, en Ecuador.
Illa de San Cristóbal | |
---|---|
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Ecuador |
Arquipélago | Illas Galápagos |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 0°48′S 89°24′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 558 km² |
Longura máxima | 49 km. |
Largura máxima | 17 km. |
Punto máis alto | 730 m. Cerro San Joaquín |
Distancia a terra | 930 km. |
Demografía | |
Capital | Puerto Baquerizo Moreno |
Poboación | 5.600 hab. |
Densidade | 10´04 hab./km² |
Lingua propia | Español |
O seu nome oficial e en español, 'San Cristóbal', provén do patrón dos mariños, San Cristóbal (Christopher). O seu antigo nome en inglés, Chatham, proviña de William Pitt (o Vello), primeiro conde de Chatham; mentres que en 1832, cando Ecuador tomou posesión do arquipélago, recibiu o de «illa Mercedess» na honra da esposa do presidente Juan José Flores: Mercedes Jijón de Vivanco.[1]
San Cristóbal ten unha superficie de 558 km² e o seu punto máis alto elévase a 730 metros sobre o nivel do mar. A capital do arquipélago, Puerto Baquerizo Moreno, atópase no extremo suroccidental da illa. Dúas liñas aéreas voan directamente ao Aeroporto de San Cristóbal desde Guayaquil, Ecuador; os voos desde Quito fan escala en Guayaquil.
Esta illa alberga fragatas, lobos mariños, tartarugas das Galápagos, alcatraces patirroxos, alcatraces patiazules, iguanas mariñas, delfíns e gaivotas das Galápagos. A súa vexetación inclúe Calandrinia galapagosa, Lecocarpus darwinii e árbores como Lignum vitae ou Matazarna. Nas augas próximas hai tiburóns, raias e lagostas.
O maior lago de auga doce no arquipélago, Lagoa El Junco (0°53′43″S 89°28′49″O), está situado nun cráter na serra de San Cristóbal, na metade sur da illa. Alberga unha gran poboación de aves, pero chegar ao lago require unha curta camiñada costa arriba. Preto de alí está La Galapaguera, unha estación de cría e refuxio das tortugas xigantes.
Preto da cidade de Puerto Baquerizo Moreno hai lugares turísticos, como Cerro Tijeretas, unha colonia de aniñación para fragatas e unha estatua de Charles Darwin, que marca o sitio orixinal onde desembarcou por primeira vez nas illas Galápagos durante a segunda viaxe do HMS Beagle, o 16 de setembro de 1835.[2] La Lobería, unha colonia de lobos mariños, atópase a uns dez minutos en autobús da cidade.
Na parte alta da illa atópase a Estación Biolóxica San Cristóbal, manexada pola Fundación Jatun Sacha, unha organización ecuatoriana sen fins de lucro que se dedica á conservación dos bosques en todo o Ecuador. Jatun Sacha mantén facilidades para recibir investigadores, voluntarios e cursos. Todos os visitantes involúcranse co traballo que fai Jatun Sacha en prol da conservación da illa: erradicación de especies invasoras, traballo co Parque Nacional Galápagos na Galapaguera, traballo cos finqueros da zona en reforestación e control de especies introducidas, entre outras cousas.
Tamén hai excursións en barco que levan aos visitantes a dous sitios próximos de mergullo. "León Dormido" representa os restos dun cono de lava, agora dividido en dous. "Isla Lobos" é tamén un sitio de aniñación do alcatraz patiazul.