Illas Galápagos
From Wikipedia, the free encyclopedia
As illas Galápagos (chamadas tamén Arquipélago de Colón) constitúen un arquipélago localizado a 965 quilómetros da costa do Ecuador. Politicamente son unha provincia deste país, cuxa capital é Puerto Baquerizo Moreno. Está conformado por trece grandes illas volcánicas, seis illas máis pequenas e 107 rochas e illotes, as cales se distribúen arredor da liña do ecuador terrestre. Turisticamente reciben o apelativo de Illas Encantadas.
Islas Galápagos (es) | |||||
Nomeado en referencia a | Tartaruga xigante das Galápagos | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Ecuador | ||||
Provincia | Galápagos | ||||
Capital | Puerto Baquerizo Moreno | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.000 (2010) (3,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.880 km² | ||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Altitude | 1.707 m | ||||
Punto máis alto | Wolf (pt) (1.707 m) | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Páxina web | galapagospark.org |
Illas Galápagos | |
---|---|
Lobo mariño na Illa de San Cristóbal. | |
Mapa das illas Galápagos. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Ecuador |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, VIII, IX, X |
Inscrición | 1978 (2ª sesión) |
Rexión da UNESCO | América Latina e o Caribe |
Identificador | 1 |
Estímase que a formación da primeira illa tivo lugar hai máis de cinco millóns de anos, como resultado da actividade tectónica. As illas máis recentes, chamadas Isabela e Fernandina, están aínda en proceso de formación, rexistrándose a erupción volcánica máis recente no 2005.
As illas Galápagos son famosas polas súas numerosas especies endémicas e polos estudos de Charles Darwin, que o levaron a establecer a súa teoría da evolución pola selección natural.