Imperio dos Cen Días
From Wikipedia, the free encyclopedia
O período coñecido como os Cen Días (en francés: Cent-Jours), ou Campaña de Waterloo, comprende desde o 20 de marzo de 1815, data do regreso de Napoleón a París desde o seu exilio na illa de Elba, ata o 28 de xuño de 1815, data da Segunda Restauración de Lois XVIII como rei de Francia. Este período pon fin ás chamadas Guerras Napoleónicas, así como ao Imperio Francés de Napoleón Bonaparte.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Empire Français (fr) | |||
Himno | Chant du départ (pt) | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Capital | París | ||
Poboación | |||
Lingua usada | lingua francesa | ||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 20 de marzo de 1815 | ||
Disolución | 7 de xullo de 1815 | ||
Sucedido por | Second Restoration (en) | ||
Organización política | |||
Forma de goberno | monarquía dual | ||
Moeda | franco francés | ||
Esta expresión foi empregada por primeira vez polo prefecto de París, o Conde de Chabrol, no seu discurso de benvida ao rei, e se emprega tamén para referirse á guerra da Sétima Coalición. Este período coñeceu o último dos conflitos do longo período napoleónico, e tanto o Reino Unido como Rusia, Prusia, Suecia, Austria e algúns estados alemáns declararon no Congreso de Viena ao Emperador francés fora da lei e non o recoñeceron como líder da nación francesa, aliándose na súa contra.