Interpretación dos soños
Arte e técnica de asignar significado aos diversos compoñentes, elementos e imaxes que aparecen nos soños / From Wikipedia, the free encyclopedia
A interpretación dos soños foi identificada en orixe como oniromancia ou oniromancía (do grego ὄνειρος, ilusión, e μαντεία mancia, adiviñación ou profecía), técnica que consistía en adiviñar ou predicir acontecementos futuros a través dos soños. Con posterioridade a interpretación dos soños adquiriu un novo significado coa irrupción a comezos do século XX da psicanálise, por unha banda, e a través de movementos artísticos como o surrealismo ou o dadaísmo por outra, e finalizando coas neurociencias.