Liga de Campións da UEFA 2002-03
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga de Campións da UEFA 2002-03 foi a edición número 48 na historia desta competición. Disputouse entre xullo de 2002 e maio de 2003, coa participación inicial de 72 equipos, representantes de 48 federacións nacionais diferentes.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Liga de Campións da UEFA |
---|---|
Deporte | fútbol |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 32 |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2002-2003 |
Intervalo de tempo | 17 de xullo de 2002 – 28 de maio de 2003 |
Número de edición | 48 |
Competición | |
Primeiro posto | A.C. Milan (6º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 157 |
Goles | 428 |
Gol | Ruud van Nistelrooy↔ Manchester United F.C. (12) |
Número de espectadores | 7.535.491 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Pechar
A primeira fase de grupos da competición deu comezo en setembro de 2002, con 32 equipos, e a segunda fase de grupos comezou en decembro de 2002 con 16 equipos. O campión final do torneo foi o AC Milán, despois de derrotar nos penaltis ó Juventus FC na final, disputada o 28 de maio no Estadio Old Trafford de Manchester, logo de empatar sen goles no tempo regulamentado. Para os rossonero supuxo a súa sexta conquista da máxima competición europea.