Linguas semíticas
grupo de linguas que contén o árabe e o hebreo / From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas semíticas son unha familia da macrofamilia de linguas afroasiáticas. Desenvolvéronse sobre todo por Oriente Próximo e o norte e leste de África. Toman o seu nome do personaxe bíblico Sem, cuxos descendentes serían, segundo a tradición, os pobos semitas.
As linguas semíticas máis faladas no presente son o árabe, o amhárico, o hebreo e o tigriña. A protolingua ou grupo de dialectos estreitamente ligados que tería dado lugar ás linguas semíticas coñécese como protosemítico.