Lista de faraóns
Artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O título faraón úsase para os gobernantes do antigo Exipto que gobernaron despois da unificación do Alto e Baixo Exipto por Narmer durante o Período tinita, aproximadamente no 3100 a.C. Non obstante, o título específico "faraón" non foi usado para dirixirse aos reis de Exipto polos seus contemporáneos ata o dominio de Merneptah na XIX dinastía, c. 1200 a.C. Xunto ao título de faraón para gobernantes posteriores, houbo un antigo título real exipcio usado polos reis exipcios que permaneceu relativamente constante durante a historia do antigo Exipto, inicialmente o nome de Horus, o nome Abella e Xunco (a súa tradución fidedigna é O Señor das Dúas Terras xa que os xeróglifos fan referencia, a abella ao Alto Exipto mentres que o xunco o fai ao Baixo Exipto) e o nome Dúas damas (nbtj), co título adicional de Horus Dourado, nomen e prenomen engadíronse sucesivamente polas dinastías posteriores.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Lista de faraóns | |
---|---|
País | Exipto |
Fundador | Narmer (a.k.a. Menes) |
Último gobernante |
|
Fundación | c. 3100 a.C. |
Disolución |
Exipto estivo continuamente gobernado, polo menos en parte, por faraóns nativos durante aproximadamente 2500 anos, ata que foi conquistado polo Reino de Kush a finais do século VIII a.C, cuxos gobernantes adoptaron para si mesmos a tradicional titulación faraónica. Despois da conquista kushita, Exipto experimentou outro período de dominio autóctono antes de ser conquistado polo Imperio Aqueménida, cuxos gobernantes tamén adoptaron o título de "faraón". O último faraón nativo de Exipto foi Nectanebo II, que era faraón antes de que os aqueménidos conquistasen por segunda vez Exipto.
O dominio aqueménido sobre Exipto chegou ao seu fin logo da conquista de Alexandre o Grande no 332 a.C., despois da cal foi gobernado polos faraóns helénicos da Dinastía ptolemaica. O seu dominio e a independencia de Exipto chegaron ao seu fin cando Exipto pasou a ser unha provincia da Roma antiga no 30 a.C. Augusto e posteriores emperadores romanos foron designados como faraóns de Exipto ata o reinado de Maximino Daia no 314 d.C.
As datas indicadas nesta lista de faraóns son aproximadas. Baséanse principalmente na cronoloxía do Antigo Exipto, principalmente baseadas no Exipto Dixital para as universidades,[3] base de datos desenvolvida polo Museo Petrie de Arqueoloxía Exipcia, pero pódense indicar por separado datas alternativas tomadas doutros expertos.