Lista de países por PIB nominal per cápita
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha listaxe de países do mundo ordenada segundo o seu produto interno bruto (PIB) a prezos nominais per cápita, significando a suma de todos os bens e servizos finais producidos por un país nun ano, dividido pola poboación media do mesmo ano.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O PIB nominal per capita non pode servir para a comparación da riqueza relativa entre distintos países dado que as fluctuaciones conxunturais entre distintas divisas crean unha ilusión monetaria. Por esa razón, para a comparación da riqueza relativa entre distintos países os economistas recomendan usar PIB per capita en paridade de poder adquisitivo.
Así por exemplo, se se compara o PIB per capita nominal de España, co de Israel obsérvase que no ano 2001 o valor de Israel era de 18.311 dólares per capita, mentres que o de España era de 15.081 (segundo os datos de FMI).
Con todo, na previsión de FMI para o ano 2006, os PIB nominais per capita de España e Israel son de 29.266 e 19.878 respectivamente. O factor clave no cambio da situación, débese á variación entre o Euro e Novo shekel (variación superior ao 30%) a cal non afecta ao crecemento real da economía de cada país.
O PIB per capita PPA (paridade de poder adquisitivo) dá unha idea máis exacta, se se quere comparar a riqueza que a economía de distintos países xera por habitante, pois a renda xerada por cada cidadán só pode apreciarse plenamente en relación aos bens e servizos que poden obterse a cambio da mesma. Así, os valores con independencia da ilusión monetaria, revelan un nivel de riqueza similar entre ambos os países: Israel 24.357; España 27.542 en 2006.