Lista de países por poboación
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A continuación amósase unha lista de países e terrritorios dependentes por poboación, cuxa inclusión na lista está baseada no estándar ISO 3166-1. Non se reflicten as diferenzas de poboación nos países que non contan nos seus censos aos habitantes que non posúen a nacionalidade. Algúns países como Tailandia non reportan a poboación total, xa que contan exclusivamente os cidadáns nacionalizados.
Nesta lista inclúense os estados soberanos, os terrritorios dependentes e, nalgúns casos as nacións constituíntes de estados soberanos. Por exemplo, o Reino Unido considérase como un estado soberano cunha entidade única na lista, mentres que os estados soberanos do Reino dos Países Baixos atópanse separados.
Tamén se dá en porcentaxe a poboación de cada país en comparación coa poboación mundial, que as Nacións Unidas estimaba en 2022 en 7.954 millóns.[1]