Lista de países por superficie
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dos países do mundo e dos seus territorios dependentes por superficie, clasificados por superficie total. As unidades son quilómetros cadrados.
As entradas desta lista inclúen, entre outras, as que están no estándar ISO 3166-1, que inclúe estados soberanos e territorios dependentes. Os Estados non recoñecidos inclúense na lista en orde de clasificación, pero non se lles dá un número de rango. As superficies de tales estados na súa maior parte non están recoñecidos e na maioría dos casos tamén se inclúen nas superficies dos estados recoñecidos que reclaman o mesmo territorio. Vexasen as notas na columna "notas" de cada país para aclaralo.
Non están incluídas na lista reclamacións por países individuais a partes do continente da Antártida, entidades como a Unión Europea [nota 1] que teñen algún grao de soberanía pero que non se consideran países soberanos ou territorios dependentes e micronacións non recoñecidas como o principado de Sealand.
Esta lista inclúe tres medidas de superficie:
- Superficie total: a suma das superficies de terra e auga dentro das fronteiras internacionais e costas.
- Superficie de terra: o conxunto de todas as terras dentro das fronteiras internacionais e costas, excluíndo a superficie de auga.
- Superficie de auga: a suma das áreas superficiais de todos os corpos de auga continentais (lagos, depósitos e ríos) dentro das fronteiras internacionais e costas.[2] As augas internas costeiras (algunhas pequenas baías poden incluirse.[Cómpre clarificar] As augas territoriais non están incluídas agás que se indique o contrario. As zonas contiguas e as zonas económicas exclusivas non se inclúen.