Logroño
cidade e concello do norte de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
Logroño é unha cidade e concello do norte de España, capital da comunidade autónoma e provincia da Rioxa. Tamén é a súa cidade de maior poboación, concentrando case a metade do total da comunidade, así como o seu centro económico, cultural e de servizos.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | A Rioxa | |||
Capital de | ||||
Capital | Logroño (en) | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 150.583 (2023) (1.892,46 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 79.570.000 m² | |||
Bañado por | Río Ebro | |||
Altitude | 384 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Bernabeu apóstolo | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 26001–26009 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 941 | |||
Código INE | 26089 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | logro-o.org |
Bañada polo río Ebro, Logroño foi historicamente un lugar de paso e cruzamento de camiños, como o Camiño de Santiago, e de fronteiras, disputada entre os antigos reinos da Península Ibérica durante a Idade Media. No último século, a cidade experimentou un crecemento demográfico lento pero significativo respecto das poboacións próximas, provocado principalmente polos movementos migratorios desde outras comarcas da rexión. Foi capital gastronómica española en 2012 e Cidade Europea do Deporte en 2014.