Mário Zagallo
futbolista brasileiro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Mário Jorge Lobo Zagallo, nado en Atalaia, Alagoas, o 9 de agosto de 1931, e finado no Río de Xaneiro o 5 de xaneiro de 2024, foi un futbolista e adestrador brasileiro, considerado como unha das maiores figuras da historia do fútbol brasileiro. Xogaba como extremo esquerdo e desenvolveu a súa carreira como futbolista entre o Flamengo e o Botafogo, equipos aos que tamén dirixiu como adestrador. Gañou dez veces o Campionato Carioca (cinco como xogador e cinco como adestrador) e en 1968 levou ao Botafogo a conquistar o primeiro dos dous Campionatos Brasileiros da súa historia.
Zagallo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mário Jorge Lobo Zagallo | ||
Nacemento | 9 de agosto de 1931 | ||
Lugar de nacemento | Atalaia | ||
Falecemento | 5 de xaneiro de 2024 | ||
Lugar de falecemento | Río de Xaneiro | ||
Altura | 1,67 m. | ||
Posición | Extremo esquerdo | ||
Carreira xuvenil | |||
Maguari | |||
1948–1949 | America | ||
1950–1951 | Flamengo | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1951–1958 | Flamengo | 99 | (11) |
1958–1965 | Botafogo | 107 | (10) |
Total | 206 | (21) | |
Selección nacional | |||
1958–1964 | Brasil | 33 | (5) |
Adestrador | |||
1966–1970 | Botafogo | ||
1967 | Brasil | ||
1968 | Brasil | ||
1970–1974 | Brasil | ||
1971–1972 | Fluminense | ||
1972–1974 | Flamengo | ||
1975 | Botafogo | ||
1976–1978 | Kuwait | ||
1978 | Botafogo | ||
1979 | Al Hilal | ||
1980–1981 | Vasco da Gama | ||
1981–1984 | Arabia Saudita | ||
1984–1985 | Flamengo | ||
1986–1987 | Botafogo | ||
1988–1989 | Bangu | ||
1989–1990 | Emiratos Árabes Unidos | ||
1990–1991 | Vasco da Gama | ||
1994–1998 | Brasil | ||
1999 | Portuguesa | ||
2000–2001 | Flamengo | ||
2002 | Brasil | ||
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
O seu nome está estreitamente vencellado á Copa do Mundo, sendo a persoa que máis veces a gañou, nun total de catro ocasións, todas coa selección brasileira. As dúas primeiras (1958 e 1962) conquistounas como xogador, sendo titular en tódolos partidos, mentres que en 1970 proclamouse campión como seleccionador do Brasil e en 1994 como axudante do adestrador Carlos Alberto Parreira.[1] Acudiu a outros tres Mundiais: como seleccionador brasileiro en 1974 e 1998 (quedando subcampión no segundo deles) e de novo como axudante de Parreira en 2006. Foi a primeiro das únicas tres persoas que gañaron a Copa do Mundo como xogador e como adestrador (máis tarde fixérono tamén o alemán Franz Beckenbauer e o francés Didier Deschamps), e o único que o fixo máis de dúas veces.
En 1992 recibiu a Orde do Mérito da FIFA, a máxima distinción concedida pola FIFA, polas súas contribucións ao fútbol.[2] Foi nomeado o noveno mellor adestrador de todos os tempos pola World Soccer Magazine en 2013.[3]