Marco Vitruvio
arquitecto romano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Marco Vitruvio (Marcus Vitruvius Pollio) foi un arquitecto romano que viviu no século I a.C. Non se coñece con exactitude cando existiu, mais tense calculado o seu nacemento arredor do 90 a.C, e o pasamento sobre o ano 20 d.C.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (la) Marcus Vitruvius Pollio c. 80 a. C. República Romana |
Morte | c. 15 a. C. (64/65 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Lugar de traballo | Italia |
Ocupación | arquitecto , escritor |
Período de tempo | Roma Antiga e República Romana |
Período de actividade | (Con vida en: século I a. C. ) |
Lingua | Lingua latina |
Obra | |
Obras destacables
|
Logo de ter sido soldado na Galia, en Hispania e en Grecia , foi tamén construtor de aparellos bélicos. Fíxose arquitecto en Roma. Conta de si mesmo que non é alto e que lamenta os estragos da idade. A súa prosa, á vez técnica e imaxinativa, implica esencialmente o uso de frases curtas, con vocabulario que semella ter sido o dos artesáns.
Vitruvio foi a un tempo un vulgarizador e un compilador; ténselle atribuído a invención do módulo quinario da construción de acuedutos; porén non é senón o depositario dunha tradición xa antiga.